"La discapacidad no nos limita, no lo hagas tú"



"En realidad, no existen personas discapacitadas, solo personas con distintos grados de aptitud" Henry Viscandi

lunes, 13 de diciembre de 2010

III CARREIRA BENÉFICA OSCAR PEREIRO

O ciclista mosense Óscar Pereiro, campión do Tour de francia 2006, presentou o pasado mes de Novembro a terceira edición da carreira benéfica que leva o seu nome.


Rodeado de case medio milleiro de nenos e destacados rostros do panorama galego, o ciclista do Astaná sinalou que o seu obxectivo principal é "consolidar" a carreira para axudar económicamente a Asociación de Persoas con Discapacidade Física e Psíquica de Mos (ASODIFISI).


"Queremos que la gente acuda no solo por pasar un rato divertido o superar su marca sino que, cuando reciban el dorsal, piensen que están colaborando con una causa importante, ayudando a la gente que más lo necesita. Para mí, es lo más bonito de la carrera".


Para logralo, a organización, a cargo da Fundación Óscar Pereiro e Divina Pastora Seguros, decidiu incluir 2 cambios importantes respecto ás edicións anteriores.


"A partir de ahora reforzamos el carácter popular de la prueba y eliminamos los premios en metálico porque el objetivo es aportar el máximo posible a ASODIFISI. Además, para lograrlo incrementamos la aportación en la inscrición, que pasa de 2 a 3 €" recalcou o ciclista galego.


Ao acto de presentación, acudiron deportista de élite como o campión do mundo de Triatlón Iván Raña, o campión de España de Rallyes, Sergio Vallejo, o bicampión do mundo de piragüismo de maratón, Manuel Garrido ou o futbolista do Celta, Roberto Lago.

viernes, 10 de diciembre de 2010

Os seus comenzos.


A Asociación de Discapacitados Físicos e Psíquicos de Mos “ASO.DI.FISI” foi creada por un grupo de persoas con discapacidade adultos e pais de nenos/as tamén con discapacidade no ano 1990 co fin de  buscar solucións ós moitos problemas que sufrían aspersoas con discapacidade e as súas familias.


Nun primeiro momento centraba o traballo nas persoas con Discapacidade do Concello de Mos pero actualmente ten un ámbito de actuación comarcal, abarcando tamén a concellos limítrofes como son Redondela, Porriño, Vigo e Salceda de Caselas.

O Obxectivo Xeral da Asociación é a Integración das persoas con discapacidade no conxunto da sociedade, sendo esencial a Mellora da Calidade de Vida das persoas pertencentes a este colectivo, sen olvidar que a súa realidade social vese perxudicada por problemas asociados á súa minusvalidez, tanto de tipo social, como persoal ( baixo nivel de formación, baixos recursos económicos, baixo nivel de cualificación profesional, baixo nivel de autoestima, depresións, etc).

Sendo xa menbro da Federación de asocións de Minusválidos Físicos de Pontevedra “FAMFIP”, no ano 1997, solicitouse o seu ingreso na Confederación Galega de Minusválidos “CO.GA.MI.” entrando así, tamén a formar parte da estructura de COCEMFE.

Dende a súa fundación, no ano 1992, esta asociación foi crecendo en socios, en actividades e na súa implantación e recoñecmento social da zona. Tamén é o seu constante desarrollo, tanto de iniciativas, como en Servizos e prestacións que se veñen realizando non só para os seus usuarios, senón tamén chegando a poboación con discapacidade doutros concellos limítrofes e por suposto, as súas familias.

Dende  a súa  constitución, esta entidad ten como finalidade facilitar aos socios, todas as axudas, coñecementos e aptitudes necesarias para desarrollar ao máximo o potencial creativo, artístico e intelectual de cada un deles, tanto en beneficio propio como para o enriquecimiento de Comunidade.

Como resultado do traballo realizado e a solidaridade da xente, o número de socios , os cales fan posible a existencia de ASO.DI.FISI, ascende a 650, dos cales 140 son minusválidos (físicos, psíquicos e sensoriais).

A Asociación ten a súa sede social situada en Puxeiros, e un centro destiñado á realización de actividades formativas situado no antigo colexio unitario de Torroso . Este local foi cedido para o uso de Aso.Di.FiSi pola Comunidade de Montes de Torroso, o cal actualmente está en obras para a súa homologación e posta en marcha dun centro ocupacional para persoas con discapacidade.


Os servicios que Aso.Di.FiSi ofrece son os seguintes:
·      INFORMACIÓN e ASESORAMIENTO: A Asociación realiza actividades diarias de información e asesoramiento, no local social, proporcionando información  xeral, laboral, sobre axudas e recursos dispoñibles das instituciones públicas e privadas.
·      ASISTENCIA PSICOLÓXICA
·      ACTIVIDADES FORMATIVAS:  Éstas van variando cada ano, no curso académico 2009-2010 foron ás seguintes:
§        Curso de ximnasia de Mantemento.
§        Curso de cociña adaptada.
§        Obradoiro de Xardiñeiría.
§        Natación.
§        Reforzo pedagóxico. Lecto-escritura, psicomotricidade.
·        SERVICIO DE TRANSPORTE ADAPTADO,
·        VISITAS-EXCURSIÓNS
·        CHARLAS INFORMATIVAS
Como tódolos anos realízanse as Xornadas sobre minusvalías no mes de novembro nas que se conta coa colaboración da Dra Flor Pérez, médica do Hospital Xeral de Vigo.
·        ENTREGA DE AGASALLOS DE NADAL
A finais de ano sempre antes das datas de nadal facemos unha  entrega de agasallos a tódolos minusválidos socios de ASO.DI.FISI., recorrendo o municipio coa furgoneta e Papa Noel a bordo.
·        CONCURSO DE TARXETAS DE NADAL
             A tarxeta premiada no concurso é a que se utiliza como modelo para felicita-los socios no Nadal

Dende o  comezo desta Asociación tódolas  actividades desenvolvidas están xestionadas pola Xunta Directiva e persoal contratado mediante os programas de Cooperación da Xunta de Galicia.
Para actividades específicas como son a realización de cursos (ximnasia de mantemento, cociña, cerámica...)  a Asociación  vese na  necesidade de contratar monitores para a impartición dos mesmos.


¿Cómo se xeneran os recursos da Asociación?
            Xeneranse mediante:
* Cotas dos seus  Socios/as Minusválidos/as e dos seus  Colaboradores/as
  • Axudas e Subvencións oficiais, subencións que son solicitadas anualmente á Xunta de Galicia, Concello de Mos y Excma. Deputación Provincial de Pontevedra.
            *Donacions de Colaboradores/ras


O ser unha  Asociación sen ánimo de lucro por constitución e con unha mera función social, as súas actividades son sufragadas, na súa maior parte, polos seus socios/as - colaboradores/as. POLO QUE NECESITAMOS DA COLABORACIÓN DE TODOS!!!!!


¿Dónde Estamos?
O Noso Local Social encontrase en:
Carretera de Peinador, 43 interior- 2ª planta - Puxeiros
C.P. 36416 Mos Pontevedra
Teléfono/ Fax: 986-487557 
Correo Electrónico : asodifisi@ cogami.es

¿Cómo Colaborar ou Pertencer á Asociación?
Calquera persoa con Discapacidade ou non, poderá pertencer á Asociación, cubrindo unha folla de inscripción e satisfacendo unha cuota anual de socios/as
Cuota mínima de socios/as: 15 Euros/ano.